Escoitamos algúns dos grupos e proxectos candidatos na undécima edición dos Premios Martín Códax da música. Desde Leria, finalistas como proxecto emerxente, o festival Galegote, A Pedreira, presente na categoría de canción de autora, e Caamaño&Ameixeiras, un dos grupos folk con opción a premio.