Convivir deportivo - Frades

fútbol, hockey e atletismo

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Convivir deportivo - Frades

S. D. Ponte Carreira. Fundouse no 1980 como equipo de fútbol. Principia a súa andaina como equipo afeccionado federado na temporada 1980-81. Jenaro Blanco foi o primeiro presidente. S.E. ABELLÁ S.D.C. Nace da fusión de dous equipos: Agrupación Deportiva Abellá e Santo Estevo de Abellá na temporada 2008-09. Comezou en terceira. En dous anos chegou a primeira. No ano 2012 creou o equipo feminino, con grandes resultados, incluído o ascenso. José Antonio Rodríguez Rei "Darío" é, probablemente, o mellor futbolista que deu este municipio. Comezou nos xuvenís do Ordes. Despois, Racing Club de Ferrol, S.D.Compostela, Almeria, Atl. Baleares, Burela e Ordes, cun paso polo Egasa Chaston de Fútbol Sala. O outro gran deportista é Gelasio Garea. Toda unha institución no mundo do hockey, con dúas etapas no Liceo. Estivo dous anos en Portugal, no Famalicense e no Sporting Club. Volve a España da man do Cibeles de Oviedo. No 1991 regresa a Galicia e ficha polo Dominicos e dous anos máis tarde incorpórase ao Liceo, onde se retira como xogador e no que tamén foi directivo durante 6 anos. Tres ligas -unha en Portugal-, 5 Copas do Rei, 1 Copa C.E.R.S e 1 Recopa. Miguel Corral, nado en Vilaboa, estivo 3 anos como adestrador do Abellá e hoxe triunfa en Panamá. Primeiro no Herrera F.C. e, actualmente, no UMECIT F.C. No atletismo, destacan os fondistas David Santos e Adrián Garabato. 210 EXPLOTACIÓNS. 54 MILLÓNS DE QUILOS DE LEITE. 10.000 VACAS. FRADES: UN BAILE COA TERRA.