Rubén Domínguez "Sinto alivio co ascenso. A semana foi moi intensa"

O técnico co Ourense CF falou na festa de Oira

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Rubén Domínguez "Sinto alivio co ascenso. A semana foi moi intensa"

Tras vencer en Pasarón hai sete días, a presión virou cara a cidade das Burgas. Alí, na mañá deste domingo, o Ourense CF tiña a primeira oportunidade de certificar o ascenso a 1ª RFEF se era quen de vencer ao Oviedo Vetusta ou igualar o que fixese en Abegondo o Pontevedra CF. Finalmente non fixo falla ollar cara ese campo porque os azuis fixeron as súas tarefas e derrotaron por 2 a 0 ao filial ovetense, conseguindo o ascenso de categoría e desatando a festa no campo de Oira. Alí, tralos berros iniciais, e dende a tranquilidade do seu despacho, o técnico Rubén Domínguez conversou con Xoán Galán e Roberto Carlos Carballo deste fito co equipo ourensán.