Ver
Uns establecementos láianse de que, por un café ou unha menta-poleo, o cliente bote varias horas tecleando e atendendo correos… Pero hai outros que están encantados de que fagan do seu local a oficina diaria de traballo. Veña, recoñezámolo: levamos o portátil ás cafeterías para facernos os interesantes… Son os nosos oíntes dos que "chuchan" o wifi da cafetería para teletraballar? Un bar pode converterse nunha oficina? Poden concentrarse no medio do ruído? Canto tempo consideran xusta unha visita á cafetería para atender o portátil? Cantos cafés deberiamos tomar?