Sergio Tomé "Esta sendo un ano difícil para xestionar as emocións, con tantos posibles ascensos"

O speaker do Básquet Coruña agarda "cantar" o ascenso o vindeiro domingo

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Sergio Tomé "Esta sendo un ano difícil para xestionar as emocións, con tantos posibles ascensos"

É a voz do estadio de Riazor nos partidos do Deportivo, do feminino en Abegondo, e do Liceo e o Básquet Coruña no Pabillón dos Deportes herculino. Precisamente este último conxunto pode vivir un domingo histórico se gaña ao Castelló e logra o ascenso á liga ACB. Sergio Tomé falou no Galicia en Goles deste venres do que ten preparado, haxa festa ou non, e do que supón ser o animador integral do deporte coruñés.