A rodaxe de "Así chegou a noite" , o éxito de "+Cuñados" e a estrea de "O Auto das Ánimas"

Falamos con Ángel Santos, Federico Pérez e Pablo Lago Dantas

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

A rodaxe de "Así chegou a noite" , o éxito de "+Cuñados" e a estrea de "O Auto das Ánimas"

O cineasta de Marín, Ángel Santos, inicia con maio a rodaxe da súa nova película "Así chegou a noite". Cun presuposto de 600.000 euros, a idea é rodar durante 6 semanas nos concellos do Grove e Sanxenxo, aloxándose das zonas máis turísticas. Contará a historia dun ceramista que escapa do seu pasado, interpretado por Denís Gómez. Con Federico Pérez analizamos o éxito da comedia "+Cuñados", secuela con éxito en cines. Xa levan tres semanas en carteleira e a distribuidora segue disposta mantela nunha vintena de salas unha semana máis. Pablo Lago Dantas estrea o documental "O Auto das Ánimas", reflexión sobre a vida e a morte nun reencontro familiar 20 anos despois de que o cineasta marchase da casa para traballar como director de fotografía en Barcelona e Los Ángeles.

Presentado por Begoña Vázquez