Ver
Cada 4 de maio celébrase o día internacional de Star Wars, por un curioso xogo de palabras. Unha das frases máis célebres desta saga é ‘que a forza te acompañe’, que en inglés, na versión orixianal, dise ‘may the force be with you’. May the 4th é a forma de dicir 4 de maio en inglés. Máis alá deste curioso xogo de palabras estamos ante unha saga de culto que esperta auténtica veneración con millóns de seguidores en todo o mundo, e da que o experto en cine Xosé Antonio Menéndez Zapico nos achega as claves.