Convivir deportivo - Meis

Atletismo, ciclismo, fútbol e golf centran este espazo

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Convivir deportivo - Meis

Érika Martínez Tilve. 16 anos. Atleta do Rías Baixas de Pontevedra. Exemplo de superación. Debuta en diabetes tipo 1 con tan só 5 anos de idade. Pronto é descuberta por Frank Casaña, en abril do 2022. Aí cambiará a súa vida deportiva: comeza no atletismo, especializándose no lanzamento de martelo. A súa calidade é tal que ese mesmo ano obtén unha bolsa para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva. CLUB CICLISTA ARMENTEIRAEPUNTO. Creado en xullo do 2007 por cinco amigos. Fundaron unha Escola de BTT na parroquia da Armenteira. Están federados 3 promesas masculinos, 2 alevíns femininas, un principiante, un benxamín, 2 cadetes e un infantil masculino. O equipo de competición fórmano 10 corredores: 8 Ellite. 1 Master e 1 Sub'23. No fútbol, tres equipos. ZACANDE F.C. Fundado no 1948. Desapareceu en dúas ocasions. Desde o 2000 está en competición. C .D.MOSTEIRO. 1960 ano do seu nacemento. Chegou a estar na Terceira Galega nos anos 90. No día de hoxe conta con 160 nenos e nenas en tódalas categorías. ARMENTEIRA C.F. No ano 1995, con Julio Serén, comezou a súa andaina deportiva. Pasou por moitos momentos delicados, pero o seu legado permanece no ARMENTEIRA VETERANOS. CAMPO DE GOLF DE MEIS. Inaugurado o 17 de maio do 2001 con 18 ocos, deseñado por Antonio Grande Santos. Un campo de gol público e asequible. A idea da súa posta en marcha xurdiu da Agrupación Deportiva sen ánimo de lucro "CHAN DO FENTO", club con actividade deportiva desde 1988. MEIS: O TEU CAMIÑO INTERIOR.