Ver
O Pontevedra CF chegaba a esta última xornada de liga sen nada en xogo e tan só co ánimo de protexer a algúns xogadores de molestias ou cartóns inesperados. Aínda así puido gañar no derbi ante o Rácing Vilalbés e xa pensa nas eliminatorias de ascenso a 1ª RFEF, as quintas que desputa o técnico Yago Iglesias en sete anos. O de Palmeira non quixo entrar a valorar a quen prefire mañá no sorteo para a primeira rolda. Os catro posibles rivais do Pontevedra son: Zaragoza B, Lleida, Betis B e Atlético Paso.