Estranxeirismos innecesarios

Que manía temos de utilizar palabras estranxeiras cando temos palabras galegas! Por que lle chamades "Air fryer" cando podedes dicir "fritideira de aire"?

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Estranxeirismos innecesarios

A xente nova é a máis esaxerada usando palabras en inglés: cringe, hype, outfit, stalkear… Logo hai outras máis xeralizadas: eyeliner, light, sandwich... Houbo unha época que pasaba o mesmo co francés e de aí palabras como boutique, souvenir ou boulevard Evitan os nosos oíntes dicir palabras noutro idioma? Gústalles introducir estas palabras estranxeiras nas súas conversas? Falamos cos oíntes da manía que temos de usar palabras estranxeiras. A xente nova é esaxerada co uso de palbras en ingés. Cal foi a última que vos descolocou?