background-image

Sergi Quintela, Sergi García e Velko Mrsic celebran a permanencia

A festa da salvación no Pazo dos Deportes de Lugo

Ver

A miña lista

Info

Información

Sergi Quintela, Sergi García e Velko Mrsic celebran a permanencia

Costou sangue, súor e bágoas pero, finalmente, pagou a pena. Así o pensan os milleiros de afeccionados breoganistas que celebraron no Pazo Provincial dos Deportes durante case unha hora a vitoria ante Andorra e a permanencia un ano máis na liga ACB de baloncesto. O corpo técnico, xunto aos xogadores, berraron e danzaron ao compás dos cánticos do público nunha noite para a lembranza. A pé de pista tamén estaba o micrófono do Galicia en Goles que recolleu as palabras de ledicia dun canteirán, Sergi Quintela, do base Sergi García e do patrón do barco celeste, Velko Mrsic