Convivir deportivo - O Corgo

Club Billar de Adai

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Convivir deportivo - O Corgo

Rechamante. Club de Billar de Adai, creado no 2020 en pleno andazo ante a necesidade que tiñan unha serie de xogadores de adestrar e mellorar neste deporte. No momento presente, o Club conta case con 200 licenzas e 40 socios. Ten máis xente que a aldea de Adai, que anda polos 70 habitantes. Pablo Marqués, actual presidente, Iván Rei, Sergio Fernández, Edgar Jesús Redondo e Jaime Fontal son os fundadores. Belén Encabo é outro dos motores indispensables do club. En só tres anos posicionouse como un dos clubs máis sobranceiros de Galicia. María Teresa Ropero é a grande estrela do club. Esta mallorquina, afincada en Galicia por amor, foi a muller máis nova en gañar o Campionato de España. Nos últimos 20 anos, gañou múltiples Campionatos de España, e representou ao noso país en varios campionatos de Europa, así como no Mundial de Bóla 9 na China. No programa participou Lola Fernández Ochoa, irmá de Paquito e Blanca Fernández Ochoa. O seu avó naceu no lugar da Fonteta, pertencente a este municipio. O CORGO: AMPLO HORIZONTE. Título do libro de Xulio Xiz.