Ver
Informativo e tertulia política con Silvia Pereira. Con Cristina Lombao repasamos como foi esta noite de festa na Coruña e a resaca a primeira hora desta mañá tralo ascenso do Dépor a Segunda. As mariscadoras da Illa teñen un novo problema que se suma aos que lles obrigaron a parar a extracción: unha especie invasora, o "Ocinebrellus". Esta mañá volveuse concentrar a AMPA do colexio Irmáns Villar de Ourense. Empadronarse en Vigo é todo un reto. Ou o fas telematicamente (non accesible para todo tipo de usuarios) ou probas sorte madrugando e facendo ringleira no Concello, onde só se habilita a posibilidade para os 10 primeiros que chegan. O Barroquista: o Día dos Museos. A nova etapa do "Atrápame se podes" de Paco Lodeiro na TVG. O nadador campión de España Yago Vicente (16 anos), do Club Natación Vilagarcía, está ás portas do Mundial.