Ver
O xogador do Pontevedra Mario Gómez confía en darlle a volta á eliminatoria este próximo domingo en Pasarón, onde o equipo amosou a súa fortaleza durante toda a temporada. Ademais espera que a afección acompañe en masa ao equipo, como xa o fixo no último partido ligueiro, e será parte importante para clasificarse para a gran final polo ascenso.