Especial Diario Cultural Luisa Villalta

Especial Diario Cultural que nos ofrece un detido repaso pola vida e obra de Luisa Villata, a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Especial Diario Cultural Luisa Villalta

Poeta, narradora, ensaísta, dramaturga e música, o perfil da autora complétase tamén desde o activismo social e político, o feminismo ou a defensa da lingua e a cultura galegas. Isabel Freire asina este programa dunha hora de duración no que podemos escoitar a numerosas voces entorno á figura de Villalta. Tanto a traxectoria vital como a profesional, social e política forman parte do especial no que, grazas ao arquivo da Radio Galega, recuperaremos a poesía de Luisa Villalta na súa propia voz. Coñecidos persoeiros como Eva Veiga, Pilar Pallarés. Henrique Rabuñal, Pepe Cáccamo, Xurxo Souto, Ana Pillado, Pilar García Negro, Armando Requeixo, a académica Margarita Ledo, ou a súa irmá Susana Villalta, participan coas súas reflexións e recordos e completan unha rigorosa análise da súa figura .