background-image

Ortodoncia. Por que é visible a “invisible”?

Falamos da ortodoncia. Levan ou levaron aparato nos dentes os nosos ouvintes? Como lles foi? Son moi molestos?

Ver

A miña lista

Info

Información

Ortodoncia. Por que é visible a “invisible”?

Hai que entregar un ril para poñer a ortodoncia ou cun préstamo bancario abonda? E que nos contan sobre a ortodoncia invisible que ve calquera? Teñen na casa algunha pequerrecha que debe levar aparato nos dentes? Puxérono por estética ou para rillar ben no churrasco? En moitos casos hai que ir apretando a ortodoncia case cada día. Doe moito? Que tal pronunciaz o eze cando levaz o aparato noz dentez?