Ver
Noutro sábado de cine acollemos ó actor Tito Asorey, que estrea no Festival de Cans a súa primeira curtametraxe, titulada "Nai", con banda sonora de Moura. Con Xaime Varela anticipamos a impactante historia de Carlos Asorey Martínez, un documentalista oculto que filmou á emigración galega en París e traballou na TVG. Os seus filmes e súa historia sairán á luz na Sección Cineherdanzas do Festival do Porriño. Entrevistamos a Miguel Faus, director do filme "Calladita", apadriñado por Steven Soderbergh tras o seu paso por Sundance. A cinta considérase a ‘Parasitos’ española.