Convivir deportivo - Meaño

balonmán, tenis de mesa, fútbol e kickboxing desde Meaño

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Convivir deportivo - Meaño

S.D.C.ASMUBAL MEAÑO. Desde 1988. Un club de balonmán, masculino e feminino, que naceu coa fusión da actividade deportiva que se facía en dous colexios: Coirón-Dena e As Covas-Meaño. Hoxe en día, ten 140 licenzas, con 12 equipos, masculino e feminino. CTM GAM. GRUPO DE AMIGAS DE MEAÑO. En agosto do 2018, un grupo de nais deciden crear un club de Tenis de Mesa. O éxito é tal que no 2019 idearon a formación dunha Escola de Tenis de Mesa. DENA F.C. Fundado no 1947 con Luciano Fariña "O Latoneiro" como primeiro presidente. Os seus maiores éxitos obtívoos nos anos 80. A súa importancia está no traballo de base. Ten equipos en tódalas categorias. 106 licenzas na base e 45 en senior e veteranos. DEPORTIVO XIL. Un movemento veciñal no 1973 nesta parroquia desembocou na creación deste club. Horacio Castro, Miguel García e os irmáns Galiano son os principais impulsores. Un total de 11 presidentes, 6 adestradores e xogadores importantes que foron traspasados a clubs de categorías superiores. No KICKBOXING, Meaño ten actualmente un cento de persoas entre os 3 e os 50 anos practicando este deporte. Lucía Soto é a culpable. Técnica Superior en actividades físico-deportivas. Cinto negro 3 dan, adestradora nacional nivel 1, tamén de boxeo. A través do seu club, o Parabellum Fight, dá clases por toda a comarca do Salnés. Unha pequena vila coon grandes persoas onde todo sabe a viño ( hai unhas 25 adegas). MEAÑO: O CORAZÓN DO SALNÉS.