background-image

Galicia en goles domingo tarde-noite 19-05-2024

O Celta acada matemáticamente a permanencia e ao Rácing de Ferrol escápaselle a vitoria na prolongación

Ver

A miña lista

Info

Información

Galicia en goles domingo tarde-noite 19-05-2024

A falta dunha xornada o RC Celta de Vigo conseguiu asegurar a súa presenza un ano máis na primeira división. Fíxoo tras derrotar ao Granada nos Cármenes por un tanto a dous, nun partido non exento de sufrimento porque o conxunto andaluz dispuxo dun penalti no tempo de prolongación. O empate do Cádiz ante o Las Palmas provocou o descenso directo dos gaditanos. Na segunda división o Rácing de Ferrol acariñou a vitoria durante gran parte do segundo tempo pero un gol do Zaragoza no tempo extra impediuno. O empate final deixa aos ferroláns sen case opcións de loitar polo playoff de ascenso a primeira división. Ademáis o Pontevedra derrotou ao Zaragoza B por tres tantos a un en Pasarón, remontando o resultado da ida e clasificándose para a eliminatoria final de ascenso a 1ª RFEF.