Ver
Informativo e tertulia política con Silvia Pereira. Taxistas 2.0 en Ourense: con cámaras de seguridade no taxi e interconectados. O 25% dos profesionais incorporou xa nos seus coches videovixilancia por razóns de seguridade. Faladoiro deportivo con Javi Torres. Ribadeo aprobou en pleno a posibilidade de poder aparcar puntalmente diante das farmacias para mercar un produto. O Barroquista: Expo sobre Berta Cáccamo en Pontevedra. A bóla extra: aparcamento diante das farmacias. Tras o atentado de Estado Islámico que custou a vida a tres turistas españois, falamos con Hugo Piñón, líder da expedición prevista para febreiro do ano próximo: "Afganistán: Descubriendo la tierra herida". Entrevista a Lorena Casal, coordinadora, por mor do VI Concurso de podcasts “Radio na biblio” que gañou o CEIP do Forxo de 5º e 6º de Educación Primaria. Miolo: a suba dos prezos dos seguros de coche indigna o sector do taxi.