Regresamos ás pinturas da viguesa Menchu Lamas, a precursora que nos anos 80 estableceu os primeiros lazos entre modernidade e tradición, entre o abstracto e o figurativo. A galería Luisa Pita de Santiago acolle unha escolma de obras de Menchu Lamas dos últimos 5 anos. Cadros de grandes formatos nos que as formas circulares e a pulsión xeométrica volven adquirir protagonismo.