Ver
Somos moi escrupulosos coa roupa nova? Que necesidade hai? Notan os nosos ouvintes polo olor cando unha prenda é nova? Que son, morcegos? Teorías milenarias indican que os pantalóns vaqueiros non se deben lavar nunca. Estarían de acordo? Seguro que non poñen atrancos ás 7 bragas/3 euros que mercan no feirón. Dálles cousa poñer unha camiseta dun amigo por moi amigo que este sexa? Todo o que vestin os nosos oíntes póñeno logo na lavadora ou hai prendas que prefiren non lavar demasiado?