Ver
Informativo e tertulia política con Silvia Pereira. A Asociación Érguete recibe a Cruz Branca do Plan sobre Drogas o mesmo día que coñecemos o último golpe ao tráfico de coca en Galicia. Déborah Ciencia e un novo estudo sobre cultura científica. A bóla extra: lavar a roupa nova si ou non? Dez persoas traballan temporalmente desde Carnota participando no proxecto Pueblos Remotos, unha experiencia que busca desestacionalizar o turismo e loitar contra o despoboamento. O miolo: o cobre, o metal máis desexado e roubado no mundo.