Ver
A orquestra folk SonDeSeu estrea o seu novo espectáculo o 24 de maio en Vigo. En 'Entreterras' subirán ao escenario o medio cento de músicos da orquestra e tres artistas que representan a un tempo o respecto á música e maila innovación: Sés, o músico canario Hirahi Afonso e mailo cantautor portugués Daniel Pereira Cristo. A próxima oportunidade para ver 'Entreterras' chegará o 2 de xuño no Pazo da Cultura de Narón.
Presentado por Belén Regueira