Ver
Informativo e tertulia política con Silvia Pereira. Kike Magdalena contounos en detalle a súa “aventura” no Avril desde Vigo a Madrid e volta a Galicia. O noso compañeiro saíu de Vigo ás 9:28 da mañá e chegou cando case eran as 9 da noite. O Poigrama con Tonhito de Poi: Mercar roupa en parella, a sabedoría da Tía Regina e fotos con animais. A bóla extra: 20 anos de casados. Cris Romero, fotógrafa, recolle no libro "Ao mar. Mariscadoras, una vida en el mar" 100 fotografías que reflicten o día a día das mariscadoras na ría de Muros. O miolo: sectas, intereseses inmobiliarios e bispos excomungados.