Ver
Case con 40 anos o ourensán Manu Rodríguez Morgade colga as botas para facerse cargo da parcela deportiva no Ourense CF, novo equipo de 1 RFEF. Manu explicou os motivos desta transición profesional e espera poder axudar o club da cidade das Burgas a realizar un bo traballo na súa temporada de estre na terceira categoría do fútbol nacional. Ademais recoñeceu o especial que será para el enfrontarse ao seu Club Deportivo Lugo onde estivo once temporadas coma xogador e capitán, sendo ademais o heroe do último ascenso dos albivermellos á segunda división.