Lucas: "Si, teño contrato co Dépor, pero tamén o tiña co Cádiz"

O heroe do ascenso, Lucas Pérez xogou "Ao Contraataque" e reiterou o seu desexo de seguir no club herculino, non sen antes manter unha reunión cos responsables do club.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Lucas: "Si, teño contrato co Dépor, pero tamén o tiña co Cádiz"

O coruñés recelou de situacións vividas durante a temporada e dixo non estar atado ao contrato que o une ao club deportivista. Ademais fixo un chamado á afección para vivir unha gran festa de celebración polo ascenso esta fin de semana na cidade herculina: "Lucas non quere marchar, pero teño que sentir e saber que aconteceu". "Estou moi ledo, pero tamén decepcionado polo que pasou". "Hai que encher Riazor, ir a Catro Camiños e a María Pita". “Credes que Alex Bergantiños non merece tamén ter o recoñecemento do ascenso? Quen son eu para non me lembrar del co que traballou, co que se esforzou e co que tamén mereceu un ascenso co Dépor”. “Intentarei estar no partido da Selección Galega. Teño ilusión por poder participar dalgunha maneira coa Selección Galega, creo que o Dépor tamén ten que estar representado nun momento tan importante para o fútbol galego” “Eu viñen ao Dépor para axudar e se o club quere que eu siga axudando para min será un pracer. Temos cousas que falar para clarexar determinadas situacións, pero haino que tratar con normalidade”.