Mingueza: "Quero quedar, estou moi contento aquí"

Entrevista ao xogador catalán do Celta Óscar Mingueza, o único xogador do cadro de xogadores que participou en todos os partidos desta temporada sendo o que máis minutos acumulou

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Mingueza: "Quero quedar, estou moi contento aquí"

Destacou Mingueza o moito que beneficiou ao equipo a chegada do técnico Claudio Giraldez e expresou o seu desexo de seguir en Vigo a próxima temporada. Isto pese o interese que levantou en outros equipos o seu gran rendemento esta campaña: "Foi un ano moi duro para todos; o fútbol non sempre foi xusto con nosoutros. Creo que puidemos estar nos peores momentos da temporada á altura e lograr o obxectivo da permanencia". “En Barcelona hai moita presión mediática e social, pero o sufrimento que tivemos en Vigo pola situación do equipo foron moi duros. O equipo soubo xestionar moi ben esta presión. Gustaríame que no futuro a presión do equipo chegase por estar loitando máis arriba”. “Teño contrato aquí e falei con Claudio. A idea é quedar e eu estou moi contento. Agardo que o próximo sexa un bo ano. Non falei co representante sobre posibles ofertas, quero quedar aquí”.