background-image

Profesións, prexuízos e tópicos varios

Falamos cos ouvintes de tópicos e de profesións. Cando un di cal é a súa profesión, a xente adoita supoñer cousas desa persoa?

Ver

A miña lista

Info

Información

Profesións, prexuízos e tópicos varios

Cal credes que é a profesión na que existen máis prexuízos? Queridos amigos e amigas funcionarias da Administración: hoxe é o día no que se vos fixo xustiza. Os funcionarios de oficina teñen que estar desmentindo sempre que pasan o día tomando cafés. Os mestres están fartos de que a xente diga que pasan medio ano de vacacións. É certo que os actores e actrices son os máis promiscuos? Que non, que os repartidores de gas butano non teñen ningún interese en seducir as clientas... Hoxe tiramos abaixo estereotipos relacionados con certas profesións. Ou non... A xente contounos con que comportamentos relaciona certos traballos.