Ver
Informativo e tertulia política con Silvia Pereira. Un grupo de estudantes permanece pechado na Facultade de Historia de Santiago en defensa de Palestina. Este peche está provocando trastornos na celebración dos exames no centro. Na gala de entrega dos Premios CIRCOM 2024, celebrada en Poznan, a Televisión de Galicia recibíu o galardón na categoría de Minorías Sociais polo documental "A Cero.5". Entrevista ao seu director, Gonzalo Suárez. O mundo raro de Pedro Feijóo: Finais perralleiros de libros e pelis. O recurso do Deus Ex Machina. A bóla extra: prezuízos e tópicos coas profesións. Abriu en Expocoruña unha nova edición de Expotaku: o salón do manga, anime, videoxogos e cultura xaponesa. Consellos con Sexo con Martina González Veiga. Músicas con Moncho Lemos.