background-image

Galicia en goles sábado 25-05-2024

Última xornada da liga regular en 1ª RFEF

Ver

A miña lista

Info

Información

Galicia en goles sábado 25-05-2024

O Galician en Goles do sábado viviu con emoción e paixón a derradeira cita da liga regular na 1ª RFEF. O Deportivo, que logo volveu festexar en Riazor e Catro Camiños o ascenso, nada se xogaba ante o Real Unión, ao que derrotou por 3 a 1. Si que tiñan moito en xogo os irundarras, que se aproveitaron do empate do Sabadell en Lugo para conservar a categoría. Moito máis en xogo, actuar coma local ou non nos playoff, había en Balaídos no enfrontamento entre Celta Fortuna e Barcelona Athletic, con vitoria culé, que relega á cuarta posición ao equipo olívico e encádrao nunha eliminatoria fronte ao Málaga. Por último, O Arenteiro non puido culminar con matricula de honra unha temporada sobresaínte, caendo por goleada ante Unionistas e quedando ás portas da clasificación para a Copa do Rei do vindeiro ano.