background-image

#15 Especial A Garota Não

Unha das artistas máis destacadas do panorama musical portugués

Ver

A miña lista

Info

Información

#15 Especial A Garota Não

Despedimos esta primeira tempada do mellor xeito posible, cunha das artistas máis destacadas do panorama musical portugués actual, ela é Cátia Mazari Oliveira, máis coñecida como A Garota Não. Logo de dous álbums, varios sinxelos e colaboracións e tras percorrer Portugal enteiro coa súa música, a artista recolle o froito de tanto traballo por parte do público e da crítica. Un Globo de Ouro en 2023, este ano recibe o Prémio José da Ponte que outorga a SPA portuguesa e tamén o distinguido Prémio José Afonso polo seu álbum “2 de abril”. Un impulso para unha autora que ten moito aínda que contar e cantar.

Presentado por MJ Pérez