Segunda Champions consecutiva para un Jonatan Giráldez que marcha

O técnico de Matamá deixa o Barça feminino no máis alto e non descarta adestrar As Celtas nun futuro

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Segunda Champions consecutiva para un Jonatan Giráldez que marcha

Entrevista co técnico do Fútbol Club Barcelona feminino Jonatan Giráldez. O vigués conseguiu a segunda Champions League consecutiva para o conxunto culé esta pasada fin de semana, completando un trienio case perfecto aos mandos das blaugrás gañando duas Champions, tres ligas e duas Copas da Raíña. O adestrador de Matamá deixa o club catalán e emprenderá un novo reto nos Estados Unidos e recoñeceu que para él sería un soño poder adestrar nun futuro As Celtas, o equipo feminino que vai poñer en marcha o Celta a próxima temporada; aínda que recoñeceu que non o ve posible a curto prazo