background-image

Convivir 27-05-2024

Dun hospital de Vigo ás urxencias dun hospital de Kenia. Suprimir barreiras arquitectónicas para unha vida máis fácil

Ver

A miña lista

Info

Información

Convivir 27-05-2024

Achegámonos á experiencia vivida en Kenia por Alba García, doutora do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Pasou medio ano no país africano formando médicos de Urxencias e axudando a implantar un sistema de triaxe. Da man dunha empresa especializada coñecemos solucións de accesibilidade, como eliminar barreiras arquitectónicas para facilitar os desprazamentos das persoas con discapacidade. Descubrimos en Oleiros unha arte marcial coreana, o hapkido, na que se forman dende membros das forzas de seguridade a vítimas de violencia machista. Ademais, a profesora Isabel Neira xunto co experto Iago Fraga cóntannos como mellorar a produtividade nas empresas.

Presenta Águeda Penedo