background-image

Ecoloxismo vs comodidade

Falamos cos ouvintes das incómodades medidas para protexer o medio ambiente: tapóns pegados e palliñas de madeira

Ver

A miña lista

Info

Información

Ecoloxismo vs comodidade

O coidado do medio ambiente está a cambiar moito a nosa vida. En teoría, para ben… As medidas ecolóxicas fixeron desaparecer as palliñas de plástico. Por coidar o medio ambiente, os tapóns das botellas xa non poden ser libres. Todas estas medidas están moi ben, estamos a favor de coidar o medio ambiente. O que non está ben pensado é a alternativa que nos ofrecen: as palliñas de papel ou os tapóns atrapados. Por que agora temos que lesionarnos cada vez que bebemos dunha botella? Por que acabamos comendo papel cada vez que bebemos por unha palliña? Os cubertos de madeira substitúen ós de plástico pero, chupar madeira non lle é agradable a todo o mundo. Credes que habería que darlle unha volta a estas alternativas ecolóxicas que nos propoñen? Volvestes chupar por unha palliña desde que desapareceron as antigas? Os ouvintes contáronnos como se adaptan ás novas medidas ecolóxicas. Botades de menos as palliñas ou os tapóns das botellas libres? Pensades que o sacrificio paga a pena.