Ver
Informativo e tertulia política con Silvia Pereira. Estivemos en Pontedeume coa nai e a irmá de Diego Piñeiro, un neno galego que foi asasinado en Londres hai 24 anos por un pederesata. O condenado a cadea perpetua podería saír en liberdade. Taylor Swift no Santiago Bernabéu. Milleiros de persoas, entre eles moitas galegas estarán alí, falamos con elas. Tonhito de Poi falounos no Poigrama de ranchos, animalistas, abrazaárbores, amores no Festival da Luz e magos no cárcere A bóla extra: turbulencias agresivas nos avións. O miolo: primeiras multas por avisar dos controis de estrada da DXT.