background-image

Especial Galicia en Goles Depor 2-1 Castellón

Ida da copa de campións da 1ª RFEF con vitoria para o Depor en Riazor por 2-1 con Javi Torres e Traba desde Riazor

Ver

A miña lista

Info

Información

Especial Galicia en Goles Depor 2-1 Castellón

O Deportivo viaxará a Castellón cunha mínima vantaxe para decidir o campión da temporada na Primeira Federación). O cadro coruñés remontou no segundo tempo o tanto inicial dos castellonencos. Foi o Dépor o que tivo a gran oportunidade para marcar primeiro pero Lucas Pérez perdoou nun penalti que forzara David Mella. Antes do descanso Douglas Aurelio superaba a Puerto cun lanzamento cruzado. Durante moitos minutos o Castellón foi o equipo que levou o peso do partido diante do Deportivo moi mermado polas baixas. Pero nun espazo de seis minutos o cadro coruñés conseguiu darlle a volta ao partido. Lucas, no 69, resarciuse cun gran lanzamento desde a frontal. E Pablo Martínez, á saída dun córner no 75, puxo o 2-1.