Ver
Informativo e tertulia política con Silvia Pereira. Os do Fondo da Barra é un grupo de música galega que leva 45 anos en activo sendo un dos grandes referentes do folclore e a recuperación do Patrimonio Cultural de Galicia. Presentaron “Bânzô” baixo a dirección artística de Quique Peón, co que falamos. A directora de Peinador, Ana Molés, recibiunos o día antes da reapertura do aeroporto tras as obras de rexeneración no firme. Enfermeira saturada: isoapariencia. Cando as caixas dos medicamentos son tan parecidas que son un risco para a saúde. A bóla extra: recompensar o bo e valoralo axeitadamente. Emisión da 4ª entrega do podcast de Alejandro Gesto: Galicia(É)uropa. O miolo: son demasiado caras as entradas aos concertos?