background-image

Convivir 30-05-2024

Desafíos ante as enfermidades crónicas e a esclerose múltiple. Encontro mundial de desenvolvemento persoal

Ver

A miña lista

Info

Información

Convivir 30-05-2024

As enfermidades crónicas nunha poboación cada vez máis envellecida é un dos grandes retos da nosa sociedade e, en concreto, do sistema sanitario. O 10º Congreso Nacional de Enfermos Crónicos, organizado por SEMERGEN, reivindica unha mellora formación dos pacientes e o fortalecemento da relación co médico de familia, tal e como explica o doutor Carlos Piñeiro. Galicia é a comunidade coa prevalencia máis alta de esclerose múltiple. O xefe de Neuroloxía do hospital Povisa comenta que os debates do congreso Neurobaiona xiran arredor dos novos fármacos, do diagnóstico, pero tamén de medos e dúbidas. Falamos sobre crecemento co organizador do evento Coaching pro Live, que se celebrará a próxima semana con expertos de todo o mundo. O doutor Luís Prieto descóbrenos a conexión entre o baile e o sexo.

Presenta Águeda Penedo