Ver
Informativo e tertulia política con Silvia Pereira. Entrevista aos integrantes da banda Monoulious Dop, que estiveron no Son do Camiño. O mundo raro de Pedro Feijoo: cantantes que, en realidade, son grandes poetas. A bóla extra: axudas coa mudanza. Consellos con sexo con Martina González Veiga. Como saber se a miña parella finxe o orgasmo? Como retrasar a exaculación masculina? É certo que a pílula do día despois perde eficacia canto máis tempo pasa? Con primicia incluída no programa, Carlos Blanco e X.A. Touriñán participaron no partido d´A Outra Irmandiña', que xogou esta mañá no Campo Federativo de Coia para celebrar o regreso da Selección Galega. Músicas con Moncho Lemos.