background-image

Ferrado e medio 02-06-2024

Nova ampliación para solicitar as axudas da PAC e prohibición de facer queimas agrícolas ou forestais, Falamos de SOS Rural e dos prezos da tenreira galega

Ver

A miña lista

Info

Información

Ferrado e medio 02-06-2024

Amplíase ata o 15 de xuño o prazo para que agricultores e gandeiros presenten as súas solicitudes de axuda da Política Agraria Común. Ana Rodríguez, do Sindicato Labrego Galego, coméntanos as dificultades burocráticas derivadas dos cambios na PAC. A Xunta prohibiu xa as queimas forestais e agrícolas ante o risco de incendios e por iso achegámonos a experiencia dun axente forestal. Analizamos os primeiros meses de SOS Rural coa sua voceira, Natalia Corbalán, e revisamos o prezo da tenreira galega en conversa con Santiago Rego, presidente da Asociación de Gandeiros Galegos da Suprema.

Presenta Xusto López Carril