Ver
O técnico de Palmeira Yago Iglesias dirixiu ao equipo dende a distancia e a través da telefonía móvil. Ao estar sancionado, tivo que seguir o que acontecía no encontro ante o Betis B dende unha cabina de prensa da que baixou apesadumbrado ao remate do encontro. Alí, no céspede de Pasarón, atendeu ao Galicia en Goles para analizar a derrota na eliminatoria final de ascenso a 1ª RFEF.