Ver
Que curandeiro, meiga ou compoñedor existiu na zona dos nosos ouvintes? Algunha vez foron a unha meiga para quitar un mal de ollo ou a algún outro servizo? Cal foi a súa experiencia co compoñedor? Credes que a xente que acode a estas "consultas" está moi desesperada? Hai xente con habilidades especiais para quitar os problemas ou non lles tedes fe? A xente contounos anécdotas de compoñedores, meigas e curandeiros. Seguen existindo estes personaxes? Onde?