Ver
Informativo e tertulia política con Silvia Pereira. Entrevistas electorais: hoxe Ana Miranda, Bloque Nacionalista Galego–Agora República. No día do medio ambiente, celebramos os 25 anos do Aquarium Finisterrae da Coruña. O poigrama, con Tonhito de Poi. A bóla extra: superar un desgusto. I edición do Festival “Aquí tamén se fala”, proxecto reivindicativo do uso do galego por iniciativa do equipo de profesores e alumnos do IES Rafael Dieste da Coruña. O miolo: o andazo de hackeos sitúa na diana os cidadáns.