Ver
Informativo e tertulia política con Silvia Pereira. Entrevistas electorais: hoxe Francisco Millán Mon, candidato do Partido Popular ás eleccións europeas. A USC celebra a Feira de Primavera 'Innovando no Rural' que pon o foco nas emprendedoras que loitan contra o despoboamento. Estivemos en Serra de Outes, onde hoxe homenaxean a Manuel Otero, o único español que participou no Desembarco de Normandía, onde faleceu. A homenaxe consistiu nunha ofrenda floral na súa tumba. Enfermeira Saturada: trucos para que o desodorante non che abandone. A bóla extra: historias dos nosos antepasados. Entrevista eleccións europeas: Como viven os galegos que andan por Europa? Convidado: Mateo Maño, de Ribeira. Vive en Venecia dende hai un ano. Está de Erasmus. Cursa 3º curso da carreira de Belas Artes. O miolo: a voltas co patinete… veñen curvas.