background-image

Convivir 06-06-2024

Acampada en defensa dos menores refuxiados. Montando cooperativas desde as aulas

Ver

A miña lista

Info

Información

Convivir 06-06-2024

O centro da Coruña convértese estes días nun campo de refuxiados de Gaza. O encontro Acampa pola Paz amosa ós cidadáns como viven os milleiros de refuxiados gazatís, en especial os nenos e os mozos. O seu organizador Xosé Abad asegura que os menores son os máis afectados polos conflitos, con traumas que perduran para sempre. Alumnos de 4 institutos da comarca de Ordes presentan os seus proxectos de cooperativismo dentro dun proxecto encamiñado a achegar a economía social ás aulas e implicar ós rapaces na mellora do territorio. A coordinadora deste programa Rebeca Sánchez explica as vantaxes das cooperativas fronte a outros modelos económicos. O doutor Luís Prieto explícanos os beneficios da fisioterapia nas disfuncións sexuais.

Presenta Águeda Penedo