background-image

Yavhé Prieto "De cada club teño unha bonita lembranza"

O centrocampista vigués colga as botas con 41 anos

Ver

A miña lista

Info

Información

Yavhé Prieto "De cada club teño unha bonita lembranza"

Canteirán do Areosa, con pasado no Celta B e en quince equipos máis, Yavhe Prieto é un dos xogadores históricos do noso fútbol neste século. Con case trescentos partidos en 2ª B o centrocampistas vigués converteuse nunha referencia, o que lle serviu para poder alongar a súa traxectoria en equipos históricos da terceira galega como o Alondras, club no que militou a pasada temporada. Unha ampla experiencia deportiva e vital que repasou con Paco Santos no Galicia en Goles deste venres.