background-image

Convivir deportivo - Vilamartín de Valdeorras

Atletismo e fútbol dende o SE galego

Ver

A miña lista

Info

Información

Convivir deportivo - Vilamartín de Valdeorras

Luis Nogueira Fernández. Deseñado para o atletismo. Penúltimo de 6 irmáns, é un dos mellores lanzadores de xavelina de España. Comezou con 17 anos no Club Natación Barcelona, a onde emigrara co resto dos irmáns. Primeiro en salto de lonxitude e triplo salto ata que cambiou pola xavelina. O seu descubridor foi Hans Ruf, adestrador do CAR de San Cugat desde o seu inicio no 1981. Na súa longa traxectoria foi Prata no Mundial para atletas de entre 60 e 65 anos e Campión de Europa na categoría de máis de 55 anos ata en 3 ocasións. Na súa etapa na categoría absoluta chegou a subir por dúas veces ao podio no Campionato de España, deixando unha marca persoal de 67,17 metros, que logrou no ano 2000. Luis Nogueira: "Lanzando a xavelina, síntome como o home das cavernas que conquista o horizonte e busca o alimento para a tribo" No programa estiveron parte da súa longa familia -uns presenciais, outros vía telefónica- e Agustín " Tinín" González, presidente do ADAS do Barco que foi o seu club de case toda unha vida. Desde Barcelona contamos con Hans Ruf, o home que soubo ver o talento de Luis Nogueira. Todo isto amenizado pola música dun dos seus sobriños, Pablo Nogueira, compoñente do grupo Tabú. C.D. CÓRGOMO. Unha novidosa iniciativa que hai dous anos levaron a cabo 5 mozos e mozas da zona con experiencia futbolística e cansos do modelo de clubs actual. O seu obxectivo é contruír un club innovador a través da ciencia do deporte unida á xuventude, á seriedade e á paixón. Jorgue Guitián é o presidente. Este municipio ten tantos segredos coma séculos de historia. Entrelázanse o presente e o pasado, e nel podemos contemplar unha maxestosa natureza. VILAMARTÍN, DE GALICIA, O SEU XARDÍN.