background-image

Ferrado e medio 09-06-2024

Prezos do leite axeitados para manter as granxas, seguridade alimentaria e tecnoloxía nos cultivos para afrontar o cambio climático

Ver

A miña lista

Info

Información

Ferrado e medio 09-06-2024

O programa analiza os prezos do leite en Galicia ante os rumores dunha nova rebaixa por parte da industria en conversa con Roberto López, voceiro da asociación de gandeiros Agromuralla, e coas opinións doutros axentes do sector e das administracións. O coordinador dos servizos xurídicos de Unións Agrarias, Feliz Porto, fálanos da campaña que realizan frente ós “cobros indebidos da Seguridade Social” ós autónomos do sector primario. Na entrevista con Rafael Urrialde, profesor da Universidade Complutense, descubrimos os problemas actuais e os retos da seguridade alimentaria. O catedrático en Biotecnoloxía Jose Miguel Mulet, da Universidade Politécnica de Valencia, explica a necesidade de aplicar a tecnoloxía na agricultura para resolver problemas derivados do cambio climático e o aumento da poboación.

Presenta Xusto López Carril