background-image

Tres peixes voando 09-06-2024

Dúas voces atlánticas e mil cancións por descubrir

Ver

A miña lista

Info

Información

Tres peixes voando 09-06-2024

No noso caderno de bitácora facemos un percorrido polos grupos e artistas premiados nos XI Premios Martín Códax da Música, organizados pola Asociación Músicas ao vivo, e atopamos as voces de Peña, Lucía Aldao, Anxo Araújo, Brais Morán, Hydn, Caamaño e Ameixeiras, Mondra, Rozalén e as Tanxugueiras, Catuxa Salom, Manu Sija, Os Melidaos, Algaire, Guadi Galego, Carola Ortiz, Luiz Caracol, e os sons da Orquestra Bravú Xangai. Cantamos ao vivo "Fiesta de los maniquíes" e "Blackbird". Nos fondos musicais escoitamos o disco "Zugunruhe - Inquietude migratória" do Pablo Sanmamed Trio e Benxamín Otero. Mergulládevos con nós, deixádevos abanear polas ondas do acuario dos Tres peixes voando.

Presentan Xavier Díaz e Guillerme Fernández